Quantcast
Channel: Club de Xadrez Laroca
Viewing all 155 articles
Browse latest View live

Liga de cuarta Pontevedra Sur 2018

$
0
0

Un ano máis e xa é o segundo, o Club Xadrez Laroca encargamonos de organizar esta fase da liga de cuarta. O local de xogo volve a ser nas instalación do IES Auga da Laxe en Gondomar, un lugar ideal para a celbración de este tipo de eventos.

Este ano participan un total de 26 equipos divididos en catro grupos dos que pasarán a fase final dous equipos por grupo. As duas primeiras fases de eliminación celebranse os domingos 25 de febreiro e 4 de marzo e a fase final cos oito equipos clasificados o domingo 11 de marzo.





Na primeira rolda (25 de febreiro) participan os seguintes equipos:
Grupo A: Club Xadrez Mos J, Club Xadrez Mos H, Escola de Bouzas A, Promesas Mallon - Laroca, Ramiro Sabell Joyería Gallego e Ramiro Sabell ANPA Pena do Equilibrio.

Grupo B: Club Xadrez Mos G, Club Xadrez Mos K, Escola de Bouzas B, Ramiro Sabell Reina Tour, Globaltea - Xadrez Ponteareas C, Promesas Mallon Laroca B.

Na segunda rolda (4 de marzo) participan:
Grupo C: Loyola, Apostol, Xadrez Tui - Liceo Casino, Lucena Promesas, Club Xadrez Mos L, Colegio Monterrey, Xadrez Albatros E, Escola de Bouzas C.

Grupo D: Club Xadrez Mos I, Club Xadrez Mos M, Lucena Escolar, Bellavista, Promesas Auga da laxe - Laroca, Altamira - Xadrez Ponteareas D, Xadrez Albatros F.

Na primeira xornada do día 25 de febreiro enfrentabanse os equipos dos grupos A e B. 

No grupo A os dous primeiros clasificados e que pasan a fase final foron Promesas Mallon Laroca con 15 puntos (tres victorias e dous empates) e Club Xadrez Mos H, que empatou a 11 puntos con Escola de Bouzas A.
PONTEVEDRA SUR - FASE CLASIFICATORIA - GRUPO A
N
EQUIPOXOGGAÑAEMPAPERDPUNTSONN
1PROMESAS MALLON532015.0125.50
2CLUB XADREZ MOS H514011.0101.00
3ESCOLA DE BOUZAS A514011.0101.00
4RAMIRO SABELL ANPA PENA DO EQUILIBRIO512210.585.25
5RAMIRO SABELL JOYERIA GALLEGO52219.579.25
6CLUB XADREZ MOS J50053.031.50

No grupo B o club Xadrez Mos G clasificouse no primeiro posto con 15 puntos (4 vitorias e 1 empate) e Globaltea - Xadrez Pontearesas C con 14'5 puntos (4 vitorias e 1 derrota).

PONTEVEDRA SUR - FASE CLASIFICATORIA - GRUPO B
N
EQUIPOXOGGAÑAEMPAPERDPUNTSONN
1CLUB XADREZ MOS G541015.0116.25
2GLOBALTEA - XADREZ PONTEAREAS C540114.595.50
3RAMIRO SABELL REINA TOUR521210.085.50
4PROMESAS MALLON B51046.559.00
5CLUB XADREZ MOS K52036.039.75
6ESCOLA DE BOUZAS B51043.014.50


Na segunda xornada do día 4 de marzo o enfrontamento foi entre os equipos dos grupos C e D.

No grupo C o Apostol clasificouse en primeiro lugar con 25 puntos (     ) seguido no segundo posto  por o Xadrez Albatros E, sendo estos os dous equipos que participarán na fase final.


No grupo D tivemos un triple empate no primeiros posto o que suporá ter que calcular o desempate para coñecer quenes son os dous que pasan a fase final. Eses equipos foron Promesas Auga da Laxe Laroca, Lucena Escolar e Bellavista

O próximo domingo 11 de marzo terá lugar a fase final na que estos oito equipos clarificados se enfrentarán. Entre os oito estará o Promesas Mallón Laroca ( Saul Manuel Rodríguez González, Simon Carballal Da Rocha, Miguel Martin-Arroyo Añibarro, Yoel González González, Lucas Pereira Rocha, Héctor Machado Alonso, Aleix Lorenzo Vila e Xoan Antonio González Prol) e esperemos que tras o desempate do grupo D tamén esté Auga da Laxe Laroca (Diego Martín Abalde, Sara González Ferreira, Marcos Rego Calvo, Brais Fernández Rouco, David González Iglesias, Marcos González Iglesias e Xiana Pombo González)






6ª Xornada Liga Galega 2018

$
0
0

Sábado 10 de marzo, día da clase obreira galega e día no que os xogadores e xogadoras do Club Xadrez Laroca afrontan a sexta xornada da liga galega de xadrez.

Neste día os enfrentamentos e resultados dos nosos equipos foron os seguintes:

1ª Divivión Grupo C:
LAROCA A - XADREZ VERÍN A  ( 3 - 1 )

2ª División Grupo E:
CHIRINGO CONTOS TUI - LAROCA B  ( 2'5 - 1'5 )
VILLA DE BOUZAS B - LAROCA C  ( 1 - 3 )

3ª División Grupo K:
XADREZ TUI - IES AUGA DA LAXE  ( 4 - 0 )
MALLON - XADREZ ALBATROS D  ( 4 - 0 )




PRIMEIRA DIVISIÓN grupo C:

LAROCA A no local de Cotros co equipo formado por Mireya Represa, Sergio López , Francisco Rego e Artai Bringas que ascendía de segunda división, enfrentouse a un rival directo do que o separaba só 1'5 puntos. Con esta vitoria conseguiu ampliar a diferencia con este equipo e situarse no posto 4º da clasificación xeral empatado có Xadrez Bueu A e a 2'5 puntos do primer casificado. Os puntos foron conseguidos por Francisco e Artai con victoria e duas taboas de Mireya e Sergio.

SEGUNDA DIVISIÓN grupo E

A beira do Miño en terras de Tui  LAROCA B tivo unha derrota por a mínima e non acaban de despegar, inda que este resultado os alonxa un pouco dos postos de descenso, situándose no 7º posto empatado con o Xadrez Albatros B. A vitoria foI obtida por Daniel Vaz, mentras que Jose Manuel Araujo conseguio unhas taboas e Patricio Salgado e Rafael Simoes non conseguiron ningún punto.

O desprazamento do LAROCA C a Vigo supuxo unha vitoria máis para este equipo. So a derrota sorprendente de Chema empañou o que poido ser un pleno. Nesta ocasión as vitorias foron conseguidas por  Avelino, Carlos e Antonio, que siguen con un 100% de efectividade. Este resultado e os dos equipos mais próximos na clasificación sitúa a este equipo no 2º posto da clasificación, no ecuador da liga con puntos suficientes para poder asegurar que o obxetivo primeiro de manterse nesta división está conseguido.

TERCEIRA DIVISIÓN grupo K

Tamén en Tui o IES AUGA DA LAXE tiña un compricadísimo encontro no que non conseguiron dar a sorpresa. A Tui desplazaronse Ana Fernández, Asian Pombo, Jose Manuel Fernández e Xoan Carlos Pombo.

No noso local de Cotros os rapaces de MALLON (Mauro Sanromán, Guillermo Cousido, Constantino Prol e Matías Rajo) conseguiron a primeira vitoria da tempada.






Liga de 4ª, Pontevedra Sur, fase final

$
0
0

Tras a celebración das dúas fases eliminatorias nas que participaron 200 rapaces e rapazas, o 11 de marzo de 2018 as catro da tarde comezou a fase final da liga de cuarta división Pontevedra sur na que participaron os dous primeiros clasificados de cada un dos catro grupos nos que estaba dividida esta división.

Nos locais do IES Auga da Laxe de Gondomar e organizado por o Club Xadrez Laroca participaron nesta fase final os seguintes equipos:

Xadrez Albatros E
Globaltea - Xadrez Ponteareas C
Club Xadrez Mos H
Club Xadrez Mos G
Bellavista
Apostol
Promesas Auga da Laxe - Laroca
Promesas Mallon - Laroca.



O sistema de enfrontamentos foi de todos contra todos a un ritmo de xogo de 10 minutos con 5 segundos de incremento.

Nesta fase final participaron 66 rapaces e rapazas de diferentes edades que disfrutaron de unha interesante xornada de xadrez e viviron as emoción que proporciona este deporte. Unha interesante canteira que no futuro dará grandes alegrías o xadrez de esta provincia de Pontevedra.

A competición foi dura e tras as sete roldas a clasificación final rematou como sigue:

1º.-  Apostol (22 puntos)
2º-.  Bellavista (20 puntos)
3º.-  Xadrez Albatros E (16 puntos)
4.-   Laroca - Mallon (15 puntos)
5.-   Xadrez Mos G (12'5 puntos)
6.-   Laroca - Auga da Laxe (10'5 puntos)
7.-   Xadrez Mos H (9 puntos)
8.-   Globaltea - Xadrez Ponteareas (7 puntos)

Tras o fin de festa con a entrega de premios e a solta de globos ós organizadores só nos quedaba recoller todo o local de xogo para deixalo listo e valorar o traballo feito, do que quedamos moi sotisfeitos. Ademáis os dous equipos Laroca fixeron un gran papel e nos asegura unha canteira importante para que este club siga a crecer.









7ª xornada Liga Galega 2018

$
0
0

Previo ó parón da liga por a celebración dos campionatos galegos de Semana Santa Sub-8, Sub-10, Sub-12, Sub-16, absoluta, feminino e veteranos, vivimos este día verde de San Patricio a sétima xornada de esta liga galega de xadrez.

As enfrontacións e resultados dos equipos do Club Xadrez Laroca de Nigran foron os seguintes:

1ª Divivión Grupo C:
GRUPO NORES MARÍN B - LAROCA A  ( 3 - 1 )

2ª División Grupo E:
LAROCA B - CXF DEPORTES RODAS ( 1 - 3 )
LAROCA C - ONCE DE VIGO ( 3'5 - 0'5 )

3ª División Grupo K:
IES AUGA DA LAXE - XADREZ RAMIRO SABELL MOBIALIA  ( 0 - 4 )
XADREZ RAMIRO SABELL CENTRO ARTISTICO SPORTIVO - MALLON  ( 2 - 2 )

Primeira división grupo C

LAROCA A trasladouse a costa sur da ría de Pontevedra para afrontar o seu encontro contra o sétimo clasificado na xeral, con a intención de rematar esta sétima xornada entre os tres primeiros da clasificación xeral. Para elo desplazou a Marín a Mireya Represa, Constantino Levices, Sergio López, e Francisco Rego. Finalmente só Sergio foi quen de arrancar unha vitoria que os mantén no quinto posto empatado a puntos con o Xadrez Ourense C e a 3 puntos e medio do primeiro posto.

Segunda división grupo E

LAROCA B recibíu no local de Cotros ao terceiro clasificado e ún dos equipos máis fortes de este grupo da segunda división. No taboleiro 1 Patricio Salgado, no 2 Daniel Vaz, no 3 Jose Manuel Araujo e no 4 Francisco Vázquez foron quen de plantarlle cara a este potente equipo e conseguir ese punto grazas as taboas de Patricio e Araujo. A situación de este equipo segue a ser un tanto compricada pero un pouco menos que antes de esta xornada, no noveno posto da clasificación xeral a 1 punto da ONCE e a 3'5 do Villa de Bouzas B, equipos cos que terá que enfrontarse.

LAROCA C desplazou a Vigo a Jose Manuel Ben, Avelino Iglesias, Jorge Carneiro e Carlos Groba, para enfrentarse como equipo local a ONCE e procurar manter o segundo posto na xeral. Esta vitoria e os resultados dos equipos perseguidores fixeros que se lograra o obxetivo de manter ese segundo posto, situandonos a 1 punto do terceiro clasificado e a 4'5 do primeiro, que está intratable e volveu conseguir un pleno de 4 puntos. O medio punto foi conseguirdo por Carlos, que tivo que enfrontarse a rival mais forte do equipo da ONCE no cuarto taboleiro.


Terceira división grupo K

Este sábado tivemos un doble enfrontamente Laroca - Ramiro Sabell.
A Ponteareas desplasouse o MALLON con Ricardo Ferández, Guillermo Cousido, Diego Pazo e Lucas Pereira. As duas vitorias de Ricardo e Guillermo lograron un importante empate que a falta de dous encontros os situa no oitavo posto da xeral.
IES AUGA DA LAXE xogou en Cotros con Pablo Pérez, Jose Manuel Fernandez, Xoán Carlos Pombo e Sara González. Esta derrota con un dos mais fortes equipos da categoría os situa entre os postos 5º e 7º empatado a puntos con Centro Artistico Sportivo e Xadrez Ponteareas.

Recta final

Despois da Semana Santa, comezando o 7 de abril, afrontaremos os últimos catro encontros en primeira e segundo e dous en terceira con importantes retos para os equipos do Club Xadrez Laroca. 

En primeira división dende o quinto posto da xeral procuraremos acercarnos o máximo posible os primeiros postos e, porqué non, soñar co ascenso, do que so nos separan tres puntiños de nada. 

En segunda división e con o primeiro posto a catro puntos e medio para o Laroca C temos que recoñecer que está moi difícil alcanzalo, pero seguiremos soñando. Despois do parón de Semana Santa esperanos tres enfrontamentos compricados (Albatros A, Mos A e os intratables EXP Concello de Pontevedra), pero a este equipo non nos asuntan os retos, o contrario, nos motivan. Por outro lado o Laroca B ten enfrontamentos asumibles e a permanencia debería ser algo mais que un soño. 

En terceira división xa non temos posibilidades de alcanzar os postos de ascenso pero haberá que seguir loitando para quedar o máis arriba posible na clasificación final.   

FELICIDADES PATRICIO NO DÍA DO TEU SANTO e moito coidado con a cervexa.





Campionatos Galegos Semana Santa 2018

$
0
0
As nosas campionas

Aquí temos as tres Laroqueiras que participan nos Campionatos Galegos de Xadrez de Semana Santa de este ano 2018 que se están a disputar na terra de Rosalía. Un ano mais o Club Xadrez Laroca participa nestes campionatos e esta vez con unha representación exclusivamente feminina.


Do 24 o 27 de marzo en sub-16, a un ritmo de xogo de 90 + 30 e a un total de oito roldas participan por o equipo Laroqueiro Laura González Ferreira e Ana Fernández Carneiro . Ambalasdúas non poderon xogar as dúas primeiras partidas por atoparse de viaxe en terras francesas. De todalas maneiras foron quen de facer un gran campionato con so duas partidas perdidas cada unha e a partida da rolda 7 no enfrontamento entre elas que caiu do lado de Ana.

Ana partíu do posto 40 do ranking inicial e conseguiu rematar no 39 na clasificación final con un total de 4 puntos grazas as catro vitorias. Laura tamén conseguíu mellorar o seu ranking inicial, pasando do posto 67 ó 59 na clasificación final, rematando con 3 puntos.

Temos que destacar a gran igualdade que se deu nesta categoría, producindose un triple empate a 6'5 puntos nos primeiros postos e cún so punto de diferencia entre o posto 11 e o 1. O futuro do xadrez galego está garantido con estes rapaces que seguro que non tardarán moito en conseguir a categoría de mestres. Os tres primeiros clasificados foron David Buitron, Martín Gomez e Claudio Reboredo

A categoría absoluta, na que participa Mireya Represa Pérez, celebrase do 24 o 30 de marzo con o mesmo número de roldas pero a menos partidas por día. A falta de tres partidas atopase no decimo posto da xeral e segunda fémina tras a tamén WFM Ines Prado Acebo (campiona galega absoluta do pasado ano 2017) con tres vitorias, unhas taboas e unha soa derrota.

Queremos felicitar as nosas campionas sub-16 por conseguir mellorar no seu ranking a pesar de non xogar todo o campionato. A Mireya inda lle quedan uns días para rematar e estamos seguros de que esta vez marchará de Padrón satisfeita e esperamos que con algún trofeo.

Igual se nota moito, pero por si non se notara temos que aclarar que estamos moi orgullosos de contar con estas rapazas no noso modesto club

Mireya, Ana, Laura,  menudas tres!!!!

E como non, lembrámonos tamén dos sufridores e sufridoras

Campionato Galego Absoluto 2018

$
0
0

En Padrón, aló polo mil oitocentos e pico, vivíu unha gran muller e unha gran poeta que supo superar as dificultades da vida e deixarnos fermosos versos. En padrón estes días do ano dous mil dezaito outra muller enfrentouse as dificultades ante un taboleiro de xadrez e conseguiu emocionarnos os e as que formamos parte do club xadrez Laroca de Nigran, un modesto club que ela consegue facer cada día máis grande. Rosalía emocionanos cos seus poemas, Mireya consigue o mesmo co seu xogo neste noble deporte.


Tras sete días e oito durísimas partidas de xadrez. Tras cinco vitorias e unhas táboas. Superando en medio punto á campiona absoluta galega do ano pasado, Ines Prado. Ocupando o oitabo posto da clasificación xeral. Unha rapaza que chegou a este mundo no ano 2001, un sorriso que ilumina as terras do Val Miñor, neste 31 de marzo de 2018 acaba de convertirse na Campiona Galega Feminina de xadrez
O seu nome é Mireya Represa Pérez  do club Xadrez Laroca de Nigran, todo un orgullo para os laroqueiros e laroqueiras.

Dios bendiga todo, nena;
rapaza, Dios che bendiga,
xa que te dou tan graciosa,
xa que te dou tan feitiña,
que anque andiven moitas terras,
que anque andiven moitas vilas,
coma ti non vin ningunha
tan redonda e tan bonita.
¡Ben haia quen te pariu!
¡Ben haia, amén, quen te cria!

Rosalía de Castro

Graciñas, moitas gracias Campiona!!!!!



III GALA DO DEPORTE GONDOMAR

$
0
0

Un ano máis o xadrez estivo presente na Gala do deporte de Gondomar que se celebrou no auditorio Lois Tobío o sábado 7 de abril. Un ano máis dous deportistas do Club Xadrez Laroca foron premiados nesta gala.

En categoría feminina volve a repetir por tercer ano consecutivo Ana Fernández Carneiro, unha rapaza inquieta que atopou neste deporte a maneira de estar unhas horiñas sentada e sen actividade física pero con a gran actividade cerebral que precisa enfrontarse a multitude de posibilidades que ten cada un dos movementos no taboleiro. Está totalmente enganchada a este deporte e ano a ano consigue superarse, enfrontándose a todolos retos que se lle presentan. No ano 2017 proclamouse subcampeona de Galicia na categoría sub-14 o que a levou a formar parte da selección galega que participou no campionato de España por equipos.





En categoría masculina Artai Bringas Gómez, o terror dos taboleiros, recibíu por segundo ano consecutivo a medalla conmemorativa que o acredita como mellor axedrecista do concello de Gondomar. Xa son uns poucos os trofeos e medallas que atesoura na sua casa e o xadrez é unha parte moi importante na sua vida. Cos seus 14 anos xa ten a valentía de participar en importantes torneos donde se ten enfrontado e porlle as cousas complicadas a grandes maestros. Actualmente é o primeiro taboleiro no equipo Laroca C que participa na segunda división da liga galega de xadrez donde segue invicto despois de sete xornadas.


Dende o Club Xadrez Laroca saudamos que nesta gala se teña en conta a este gran deporte e animamos os mozos e mozas do concello de Gondomar a disfrutar dun deporte cheo de beneficios, que produce unha chea de satisfaccións ós que o practicamos e ademáis ten a ventaxe de ser "bueno, bonito y barato".

8ª xornada Liga Galega 2018

$
0
0



RESULTADO DOS NOSOS  EQUIPOS
ROLDA-8        07-04-2018
1ª CLAROCA-NIGRAN A3 - 1XADREZ BUEU A
2ª EXADREZ ALBATROS A0'5 - 3'5LAROCA-NIGRAN C
2ª ECLUB XADREZ MOS B2 - 2LAROCA-NIGRAN B
3ª KXADREZ PONTEAREAS2 - 2IES AUGA DA LAXE - LAROCA
3ª KMALLON - LAROCA1 - 3XADREZ TUI



En primeira división grupo C enfrontámosnos a Bueu A, do que nos separa medio punto na xeral e cun ELO medio un pouco superior o do noso equipo. Para este encontros por parte do Laroca A acercáronse os locais de Cotros Mireya Represa, Sergio López, Francisco Rego e Artai Bringas que ascende de segunda. Tras unha disputadísima xornada as vitorias de Sergio e Fran e as táboas de Mireya e Artai seguen a manternos con posibilidades de alcanzar o obxetivo do ascenso e sitúanos nesta sétima xornada no 3º posto da xeral a 3'5 puntos do primeiro.

En segunda división grupo E pasamos pola primeira proba de lume para o Laroca C no seu enfrontamento co Albatros A. Na Guarda foron Jose Manuel Ben, Avelino Iglesias, Jorge Carneiro e Antonio Díaz os que intentaron conseguir un resultado que os manteña no segundo posto da clasificación. Tras unha disputadísima xornada só conseguimos medio punto grazas as taboas de Lino, o que nos situa no terceiro posto empatado a 22'5 puntos con o CXF Depontes Rodas, que nesta xornada tivo a segunda derrota da tempada.

Por outra banda nesta mesma división o Laroca B segue na sua teima por sair dos postos de perigo e non desaproveitou a oportunidade. Patricio Salgado, Daniel Vaz, Rafael Simoes e Jose Manuel Araujo formaron o equipo que conseguíu este valiosísimo empate, 2 puntos, conseguidos por Daniel e Rafael, contra un rival directo que os sitúa no mesmo posto que tiñan na xornada anterior pero que os alonxa máis do descenso por os cero puntos logrados por a ONCE.

Na terceira división grupo K  o IES Auga Da Laxe ( Ana Fernández, Laura González, Jose Manuel Fernández e Sara González) en Ponteareas logrou o seu segundo empate con as vitorias de Laura e Jose Manuel. Mallon (Aguntín Alvarez, Mauro Sanromán, Constantino Prol, Rafael Márquez) xogaba en Cotros contra o segundo clasificado conseguindo un punto con a vitoria de Mauro contra o, a priori, mais forte equipo da categoría.

O resulta final dos puntos logrados esta xornada, como suele dicir o noso querido presidente, foi LAROCA 8'5 resto do mundo 11'5. De todos os xeitos na recta final da liga seguimos con posibilidades de mellorar algúns dos obxetivos marcados ó inicio ou a lo menos a xa boa clasificación do ano pasado nas tres categorías nas que estamos a participar.


9ª xornada Liga Galega 2018

$
0
0

RESULTADO DOS NOSOS  EQUIPOS
ROLDA-9        14-04-2018
1ª CLAROCA-NIGRAN A1'5 - 2'5XADREZ OURENSE B
2ª ECLUB XADREZ MOS A2'5 - 1'5LAROCA-NIGRAN C
2ª ELAROCA-NIGRAN B3 - 1 VILA DE BOUZAS B
3ª KIES AUGA DA LAXE - LAROCA3'5 - 0'5XADREZ ALBATROS C
3ª KXADREZ PONTEAREAS1'5 - 2'5MALLON - LAROCA



Sergio, Artai, Tino e Mireya

Hoxe era un día importante para Laroca A. Na fase final da liga e tan preto da posibilidade do ascenso á división de honra cada punto é crucial e o noso equipo necesataba sacar o mellor dos resultados. Mireya Represa, Constantino González, Sergio López e Artai Bringas foron os que se enfrontaron a este reto. Finalmente o punto e medio foi conseguido por Mireya, con unha gran vitoria nunha espectacular partida, e Constantino, con esas taboas logradas con moitísimo esforzo. Nos outros dous encontros de Sergio e Artai os seus revais ouresáns fixeron unhas excelentes partidas e lograron a vitoria malia os esforzos dos nosos xogadores.


Os números seguen dicindo que o ascenso é posible, pero temos que recoñecer que as posibilidades son moi poucas, 8 puntos son os que hai en xogo e 5 os que sepárannos do ascenso. Mais preto, a 2 puntos, está o segundo posto, o que sería para o noso equipo un exitoso resultado.

En segunda división Laroca C volvemos ter unha xornada rara, na que Carlos Groba e Jorge Carneiro acabaron perdendo unhas partidas que tiñan claramente gañadas e Avelino  Iglesias acadou unhas taboas que puido ser perfectamente unha vitoria. O punto foi conseguido por Jose Manuel Ben no primeiro taboleiro. A pesar de esta derrota seguimos con posibilidades de alcanzar o segundo posto da clasificación.

Tamen en segunda división Laroca B conseguiu unha importante vitoria que lle permite subir un posto na clasificación xeral e alonxarse un pouco máis dos postos de descenso. O próximo sábado no enfrontamente con o equipo da ONCE garantizaríamos a permanencia so con conseguir un empate. Os tres puntos foron logrados por Patricio Salgado, Daniel Vaz e Francisco Javier Vazquez por incoparecencia do seu rival, mentras que Jose Manuel Araujo non poido co seu rival.

En terceira división esta era a última xornada e os nosos equipos remataron con senllas vitorias. 

IES Auga da Laxe remata no cuarto posto da clasificación con 17'5 puntos, 4 vitorias, 1 empate e 4 derrotas.

Os seus xogadores: (Vitorias / Taboas / Perdidas / Efectividade)

Laura González Ferreira                    4 / 2 / 1 / 71'40%            
Osián Pombo González                     3 / 0 / 2 / 60'00%            
Jose Manuel Fernández Rogríguez     4 / 0 / 3 / 57'10%            
Ana Fernández Carneiro                   1 / 3 / 3 / 35'70%           
Pablo Pérez Vargas                          1 / 0 / 2 / 33'30%            
Xoan Carlos Pombo Vidal                1 / 0 / 2 / 33'30%              
Sara González Ferreira                     1 / 0 / 2 / 33'30%                   
Hugo Rego Calvo                             0 / 0 / 1         

Mallon remata no setimo posto con 14 puntos, 2 vitorias, 1 empate e 6 derrotas.

Os seus xogadores: (Vitorias / Taboas / Perdidas / Efectividade)                   

Guillermo Cousido Martínez              4 / 0 / 2 / 66'70%                               
Ricardo Fernández López                 3 / 1 / 2 / 58'30%                
Agustín Alvarez González                  2 / 0 / 2 / 50'00%               
Constantino Prol Andre                     1 / 0 / 1 / 50'00%                
Matías Rajo Valverde                       1 / 0 / 1 / 50'00%                 
Mauro Sanroman Costas                  2 / 1 / 4 / 35'70%              
Rafael Márquez Oliveira                   0 / 0 / 6                            

Queremos recoñecer o bo campionato realizado por os nosos equipos nesta terceira división especialmente compricada, con tres equipos moi fortes que remataron empatados a puntos e que decidirán o ascenso por o desempate. Un ano mais nesta división conseguimos presentar dous equipos competitivos e que superon dar a cara. As nosas felicitacións os rapaces, rapazas e os máis crecidiños polo resultado obtido. Agora toca prepararse para afrontar o Circuito Galego de Promoción 2018 que comezará o 1 de maio en Noia e contará con 18 torneos de partidas rápidas o longo de todo o verán.


10ª Xornada Liga Galega 2018

$
0
0


RESULTADO DOS NOSOS  EQUIPOS
ROLDA-10        21-04-2018
1ª CALEKHINE - CORREDURIA TEMPO2 - 2LAROCA-NIGRAN A
2ª ELAROCA-NIGRAN C0 - 4EXP CONCELLO PONTEVEDRA
2ª EONCE DE VIGO1'5 - 2'5 LAROCA-NIGRAN B




Nesta penúltima xornada xogabanos moito con Laroca A e con Laroca B. No primeiro caso seguir optando o ascenso a división de honra e no segundo garantir a permanencia en segunda. 

Laroca A co resultado obtido e os resultados dos outros equipos perdemos todolas opcións de lograr o primer posto que da acceso ó ascenso, pero seguimos nos primeiros postos e con opcións a rematar segundos. Neste grupo da primeira división son nove  os equipos que se atopan entre o décimo e o segundo posto, con unha diferencia de tres puntos e medio. O primeiro posto xa é seguro para Ajedrez Marcote mentras que no resto de postos haberá que esperar a última xornada para coñecer incluso os equipos que descenden a segunda, entre os que seguro xa non estarán os Laroqueiros.

Para este encontro desplazáronse a Vigo Mireya Represa, Sergio López, Jose Manuel Ben e Carlos Groba, os dous último subiron do Laroca C. Os puntos foron conseguidos con a vitoria de Mireya e as táboas de Sergio e Carlos.

Laroca B tamén en Vigo e nos locais da ONCE conseguiu unha vitoria, o que lle asegura o permanencia, situándose a cinco puntos e medio dos postos de descenso.

O equípo que defendeu este resultado foi Patricio Salgado, Daniel Vaz, Rafael Simoes e Francisco Javier Vázquez, con vitorias de Patricio e Rafael e taboas de Dani.

Laroca C contra o equipo máis forte da categoría e mermado en efectivos obtivo un resultado lóxico.

En Cotros Jorge Carneiro, Antonio Díaz, Mauro Sanroman e Ricardo Fernández, os dous últimos subiron do Mallon de terceira, intentaron defender o pabellón pero as diferencias eran demasiado grandes. De todolos xeitos xa non nos xogábamos nada e na última xornada procuraremos conseguir o máximo de puntos para acadar a mellor clasificación final.


Torneos del mes de mayo 2018

$
0
0

Terminada la liga empiezan los torneos y el XIII Circuito Galego Xadrez de Promoción 2018, en los que como todos los años habrá participación de nuestro club. En este ENLACE tenéis el calendario del Circuito en el que además podremos disfrutar con torneos absolutos en muchos de ellos.


El 1 de mayo en la comarca de Barbanza tuvo lugar el primero de los torneos, III Vila de Noia, en el que participó en la categoría sub 14 el Laroqueiro Ricardo Fernández López que consiguió un meritorio 6º puesto con 4,5 puntos de 7 posibles ( Enlace a la clasificación final).

-----ooo00ooo-----


El 5 de mayo volvimos a tener torneo, esta vez en XVIII Torneo Concello da Guarda, en el que además de estar dentro del Circuito pudimos disfrutar también de un torneo absoluto. 
La participación de nuestro club esta vez fue más numerosa (Diego Martín Abalde y Juan Rodríguez Moro en Sub-12, Ricardo Fernández López en sub-14, Artai Bringas Gómez y Jorge Carneiro Penedo en Absoluto).





En cuanto a la clasificación tenemos que destacar el sexto puesto conseguido por Ricardo, quedándose una vez más a las puertas de los trofeos, los 3 puntos conseguidos por Diego a pesar de jugar dos partidas menos y los 2'5 puntos de Juan.


En la categoría absoluta nuestro campeón Artai consiguió terminar invicto con 6'5 puntos y en el primer puesto de la clasificación tras un torneo perfecto en el que solo Gonzalo Bouza-Brey consiguió arañarle medio punto. En una progresión admirable este año puede convertirse en una pesadilla para sus rivales en los diferentes torneos en los que va a participar, los próximos el IV Campeonato Gallego de Ajedrez Relámpago y VIII Campeonato Gallego de Rápidas que se celebrarán los días 19 y 20 de mayo en Vilagarcía.

-----ooo00ooo-----

El siguiente torneo se celebró en Mondaríz los días 12 y 13 de mayo (XXX Abierto Escolar Peón de Oro), en el que en la categoría Sub-14 Ricardo Fernández López volvió a terminar en el 6º puesto de la clasificación general esta vez con 4 puntos de un total de 8 posibles. Este nuevo sexto puesto lo coloca en la clasificación general actual del Circuito en el tercer puesto con un total de 15 puntos. (Enlace a la clasificación provisional de Circuito). Queremos destacar el mérito que tiene Ricardo, que hace muy poco tiempo que empezó en esto del ajedrez y que está consiguiendo muy buenos resultados en la difícil categoría Sub-14.


-----ooo00ooo-----

Y hasta la fecha de hoy el último torneo fue el días de las letras gallegas, el 17 de mayo, en Ponteareas (V Torneo Escolas Ramiro Sabell). En este torneo participaron Diego Martín Abalde y Marcos Rego Calvo en Sub-12; Ricardo Fernández López y Sara González Ferreira en Sub-14; Constantino González Levices, Francisco Rego Lorenzo y Laura González Ferreira en Absoluto.

Y una vez más volvimos a llevarnos el primer puesto. Esta vez nuestro presidente Constantino González (Tino para los amigos) con 4 victorias, 3 tablas y 5'5 puntos  consiguió ese primer puesto empatado con Manuel Outerelo.
Fran - Tino

Por su lado Francisco Rego consiguió situarse en el sexto puesto, a solo medio punto de nuestro presidente. Cuando ocupaba el primer puesto de la clasificación general y en la cuarta partida le tocó enfrentarse a Tino, una partida de la que solo nos traslada una posición y un comentario, "con esa coz me dejó fatal". Quizás esta partida tenía una mayor motivación para Tino, ya que Fran fue quien de ganarle a su hija Laura en la primera partida de la jornada.

Laura consiguió mejorar su ranking inicial en dos puestos, quedando en el puesto 22 en la general con 3 puntos conseguidos por sus tres victorias.

En Sub-14 Ricardo esta vez no consiguió igualar el resultado de torneos anteriores y sus 4 puntos lo situaron en el puesto 11 de la general.


Nuestro reconocimiento para Artai Bringas, campeón del XVIII Torneo Concello da Guarda y Constantino González, campeón del V Torneo Escolas Ramiro Sabell, y que sigan lo éxitos, que quedan aún muchos torneos que disputar.

VII Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol

$
0
0
Os animamos a todos a participar en la séptima edición del entrañable Torneo de Ajedrez "Dani da Rocha Prol", perteneciente al XIII Circuito Gallego de Ajedrez Promoción, que  celebrará el próximo 16 de Junio en el Pabellón municipal de Panxón, en Nigrán.

 Cartel VII Torneo Dani da Rocha

 INSCRIPCIONES EN LÍNEA   
 Bases VI Torneo Dani da Rocha

Crónica del VII Torneo Dani da Rocha Prol

$
0
0
La séptima  edición del Torneo Dani da Rocha Prol concentró en el Pabellón Municipal de Panxón (Nigrán) a 170 niños en edad escolar en una nueva cita del Circuito Xadrez Promoción 2018, que recibió a clubs procedentes de toda la geografía gallega, en una tarde soleada en la que acompañó el buen tiempo y la deportividad.

Antes de continuar, desde a organización queremos expresar a nosa gratitude e admiración para @s 31 xadrecitas do Club de Xadrez Laroca pola vosa entrega e deportividade durante todo o torneo ¡Sodes o orgullo do noso club!


Los Clubs más representados en el torneo, además del local con 31 participantes, fueron el Club de Xadrez Mos, el Club Xadrez Albatros, la EXP de Pontevedra, el Club Xadrez Ramiro Sabell de Ponteareas, Xadrez Apostol de Vigo, Club Xadrez Fontecarmoa de Villagarcía, Club Xadrez Brétema, Club Xadrez Galego, Club Xadrez Marín, Club Xadrez Vila de Bouzas, Xadrez Infortui, USC (Santiago de Compostela), Club Xadrez Padrón, Círculo Chantandino, Club orensano Benchoshey, Club Universitario de Ourense, Círculo Ferrolano y los IES Álvaro Cunqueiro y Primeiro de Marzo. Damos la enhorabuena a todos por su participación y confiamos sinceramente que hayan disfrutado de esta jornada de Ajedrez entre amigos. Tampoco faltó la participación de jugadores venidos desde Portugal.

Co permiso do resto de participantes queremos facer unha mención aos alumnos do IES Primeiro de Marzo e o IES Alvaro Cunqueiro por escoller o noso torneo para coñecer o xadrez de competición. Parabéns polo voso coraxe e deportividade.

Contamos también con la presencia de la fundación Banco de Alimentos, ONG solidaria sin ánimo de lucro cuya misión es la recaudación voluntaria de alimentos para los más necesitados; y con la tienda de ajedrez LOJA X, con sede en O Porto, que expuso sus productos y obsequió algún regalo para los más pequeños

A fruta  e as rosquillas donadas por Frutas Vilar e Rosquillas Cristaleiro axudaron, a media mañá, a repoñer forzas e relaxar o ambiente sempre deportivo e cordial. Pola tarde a merenda correu a cargo do obradoiro Kopenacamos  que repartiu entre tod@s a súa afamada rosca. 

En el terreno deportivo no faltaron los nervios mientras las rondas se sucedían. Resumimos los resultados por categorías: 

Categoría Sub-8



La categoría de los más pequeños estuvo dominada por Vidal Salgueiro, Breixo de Xadréz Marín, que permaneció invicto hasta la última ronda en la que  jugó con Del Valle Crespo, Javier de Xadrez Mós,  tercero en la clasificación final. Souto Corredoura, Hugo de Xadrez Ramiro Sabell quedó cuarto clasificado, perdiendo solo con el vencedor del torneo y con pequeña y brillante Valente, Sofia de la Escola de Xadrez Porto, que sorprendió y desafió a los tres primeros clasificados del Circuito Galego de Xadrez ocupando la segunda posición. El quinto puesto lo ocupó Rodriguez Velasco, Martin de Xadrez Mós. Tenemos que mencionar la gran labor que realiza el club vecino, reflejada en los buenos resultados en las competiciones infantiles de los más pequeños. El velero para el mejor jugador del Val Miñor se lo llevo Vives Rubio, Iago a pesar de tener que ausentarse en dos partidas por la mañana. Su reacción en las últimas rondas lo llevo al podium. 

Resultados completos en info64.

Categoría Sub-10



Cuarenta y cinco niños participaron en esta durísima categoría, en la que Cabanas Lopez, Eduardo de la USC, después de perder la primera ronda, hincó los codos y caminó decidido hasta la segunda mesa, arrebatando el velero de campeón al primer clasificado del Circuito Promoción, Fernandez Ramos, Iago de Xadrez Brétema. Iago, que ocupa la primera posición del Circuito Promoción y había permanecido invicto cediendo solo unas tablas en la cuarta ronda con Costas Senlle, Noa de Xadrez Mós,  jugó en primera mesa la última ronda con Moreira Novo, Brais de EX Pontevedra.  Las tablas de ésta última partida le dieron el segundo puesto a Iago y a Brais el cuarto puesto después de Noa, que quedó tercera clasificada. El quinto velero se fue para Xadrez Brétema de la mano de Dominguez Conde, Hugo. El pódium se completó con nuestro representante local Gonzalez Iglesias, David. ¡Enhorabuena a todos!

Resultados completos en  info64

Categoría Sub-12



En la categoría Sub 12 se vivió la tensión desde la primera ronda. El ferrolano Seoane Castilla, Raul creyó en sí mismo y fue capaz de vencer a los dos primeros clasificados del circuito Promoción, Caudet Soto, Javier de Xadrez Lucena (6º) y Cernadas Camean, David  de Xadrez Brétema (2º). Estas victorias ayudaron a Raúl a alcanzar su primer puesto en el Circuito, después de perder sólo con Dieguez Novoa, Benjamin de Xadrez Benchosey, que ocupó la cuarta posición e hizo también un fantástico torneo cediendo únicamente con los primeros clasificados en el ranking inicial. El tercer puesto se lo llevó Perez Sousa, Xabier  de Xadrez Mós que solo perdió con el segundo clasificado. Perez Ochandategui, Xabier del  Círculo Chantandino ocupó la quinta posición y el  trofeo local se lo llevó Vilas Iglesias, Iago con 4 puntos. ¡Enhorabuena y seguir jugando así! 

Resultados completos en info64

Categoría Sub-14



Hubo un claro vencedor en la categoría sub-14, Perez Dapoza, Cesar de Universidad de Ourense hizo valer desde la primera ronda su posición de favorito, en el Circuito Promoción y en el ranking general, y venció contundentemente todas las partidas. Alonso Pacheco, Luis Joaquin de la EX Pontevedra, fue el segundo clasificado perdiendo solo con el favorito y haciendo unas tablas con Toucedo Morgadas, Paula de Xadrez Mós, tercera clasificada, y Rey Chimera, Luca del CX Fuentecarmoa, que fue quinto. El cuarto velero navegó hacia Vigo de la mano de  Fernandez Dapena, Diego   de Xadrez Lucena. El trofeo local se lo llevó Sanroman Costas, Mauro de Xadrez Laroca con 4.5 puntos, los mismos que su compañero Fernandez Lopez, Ricardo, que hicieron un fantástico torneo doblegándose solo con los más fuertes. ¡Enhorabuena a todos!

Resultados en info64

Categoría Sub-20



Veintiún jóvenes participaron en Panxón  dentro de la categoría Sub  20, ya fuera del Circuito Promoción. Fernandez Lopez, Ruben de EX Pontevedra partía como favorito y se llevó el trofeo de ganador al vencer a nuestro brillante y prometedor representante Bringas Gomez, Artai en la cuarta ronda, que se llevó el segundo puesto.  Gallardo Garcia, Sabela de Xadréz Mós con 5 puntos también demostró su gran habilidad en el tablero y solo cedió ante los dos primeros clasificados, ocupando el tercer puesto de la general. Los mismo puntos se llevó Ferreira Otero, Aaron de Xadrez Albatros, que ocupó el cuarto puesto. El quinto velero se quedó en casa gracias a la buena actuación de Fernandez Carneiro, Ana, con 4 puntos, quien solo se dejó intimidar por los tres primeros clasificados. También con 4 puntos Cousido Martínez, Guillermo les acompañó en el pódium. ¡Enhorabuena campeones!

Resultados en info64



La entrega de trofeos estuvo presidida por el Alcalde de Nigrán Juan González Pérez,  y la Teniente de Alcalde Raquel Giráldez ArmasTodos los participantes del torneo recibieron su trofeo y participaron en el sorteo de regalos, balones de fútbol y balón cesto, tablets, drones, hoverboard, bicicletas y un sinfín de  sorpresas que hicieron mantener la tensión en los asistentes hasta el último segundo. Pero lo más entrañable y especial de esta celebración, es la compañía y el cariño de una familia con el corazón tan grande que nos empapa a todos los que cada año participamos de un modo u otro en este torneo rememorativo que nos enorgullece a todos. 




Terminamos esta crónica dando las gracias a todos los asistentes, especialmente a los padres, monitores, entrenadores que nos acompañaron en este día y a nuestros patrocinadores, que hacen posible año a tras año esta celebración. Pedimos disculpas una vez más por los errores que de seguro se han cometido y nos comprometemos a una  8ª edición más brillante y entusiasta. ¡VA POR TI, DANI!



Verán 2018 Laroqueiro

$
0
0


Comezamos esta crónica co noso torneo, IV Torneo de Xadrez Val Miñor Sub 2200 (21 y 22-07-2018), celebrado nas nosas instalación de Cotros, Nigrán. 
Nesta ocasión foron 43 os participantes neste torneo valedoiro para ELO FIDE que se xoga por sistema suizo a 6 roldas de 60+30.
Este ano e por segundo consecutivo, acadou o primeiro posto Brais Otero do Xadrez Mos, e quedaron en segundo e terceiro postos respectivamente Sergio López do Xadrez Laroca e Martín Pena do Xadrez Oroso.
Un ano mais o amigo Patricio conseguiu organizar un interesante torneo no que participaron diferentes clubs do entorno, sendo o Xadrez Mos o que desprazou máis xogadores. Contamos tamén con participación do país veciño dos clubs CX Porto e CX C. Portugues.

Artai e Mauro

Este ano non contamos no torneo Val Miñor con Artai Bringas Gómez que se atopaba participando no IV Open Internacional RGCC en Xixon, un torneo de alto nivel no que comezou no ranking inicial no posto 93 e rematou no posto 59 con 5 puntos de 9 posibles (3 vitorias e 4 taboas), destacando a vitoria contra o Maestro FIDE Dan Álvarez de Ron.

Unha vez máis o noso Artai voltou a demostras a progresión na que se atopa, logrando unha mellora de 70 puntos no seu ELO nun torneo infestado de xogadores con ELO superior a 2000.

Finalizada a súa participación en Xixón o seu próximo destino foi Pontevedra, donde xunto con Mauro Sanroman Costas participou no VI Torneo Internacional de Ajedrez Cidade de Pontevedra, onde rematou invicto no posto 13 con 3 vitorias e 6 táboas.

Mauro un ano máis volveu asumir o importante reto de este prestixioso torneo logrando rematar con 2,5 puntos e unha pequena mellora no seu ELO.

Pero o cu inquieto de Artai non lle deixa descansar e presentouse o 17 de agosto en Barcelona para disputar un novo torneo dos que a el lle gustan, XX Open de Sants, Hostafrancs i la Bordeta no grupo A, no que partía no ranking inicial no posto 356 de 422 participantes.

Despois de 9 intensas partidas nas que todos os seus rivais superaban os 2000 de ELO, con tres incomparecencias do rival 1 vitoria e 4 táboas, conseguiu rematar no posto 95 da xeral con 6 puntos e un incremento de 75 no seu ELO que supón a superación da barreira dos 2000. Un gran torneo que supón o colofón a un verán intenso de xadrez e un trofeo máis para a sua vitrina o lograr o cuarto posto na clasificación de menos de 2100.

Mireya polo mundo 

Campeona de España sub-18
Tampouco contamos no torneo do Val Miñor con a participación de Mireya Represa Pérez, desprazada ós Pirineos para participar no 36 Obert Internacional d'Escacs d'Andorra donde conseguiu 4 puntos de 9 posibles (3 vitorias e 2 táboas).

Este torneo serviulle a Mireya de preparatorio para o Campeonato de España sub-18 celebrado en Salobreña do 30 de xullo o 4 de agosto. Como era de esperar Mireya non defraudou e voltou a conseguir revalidar o título de Campeona de España Femenina 2018, que xa lograra tamén o ano pasado. Parabens unha vez máis campiona, non temos moito máis que dicirche.



Con máis gañas de xadrez desprazouse a Linares para participar no Campeonato de España de Clubs na categoría de segunda formando parte do equipo Caja Granada, aportando 2 vitorias e 2 táboas ó equipo que rematou no posto 9º con 8 puntos.


Temos que facer unha mención especial o Club Deportivo Xadrez Ourense que con 11 puntos rematou segundo clasificado e consegue ascender á máxima categoría (Faro de Vigo)

Pero Mireya non podía quedarse aquí e decidiu coller un avión e trasladarse a Letonia para participar no European Youth Chess Campionship G-18 (Campeonato Europeo Feminino sub-18) e intentar mellorar o 15º posto logrado o ano pasado. No ecuador do campionato, na 4ª partida, consigue un importante triunfo contra a Ukranina Mariia Berdnyk (Mariia Berdnyk vs Mireya Represa) que lle daría a confianza suficiente para enfrontarse a española Mestra Fide Marta García Martin o día seguinte con a que conseguiu unhas meritoras táboas. Seguiu ata o final na mesma liña, con grandes partidas que remataron dandolle o 9º posto na clasificación final e conseguindo un dobre mérito, mellorar a clasificación do ano pasado e mellorar o seu ELO en mais de 90 puntos.

Destacamos o mesmo tempo o bo resultado obtido por a valenciana Marta García Martín que rematou no posto 8º cos mesmos puntos que Mireya  e a almeriense Ana Redondo Benavente no 24º con 5 puntos, que xunto con Mireya formaban parte da participación española neste campionato. 



Carlos en Lugo

Tamén en Lugo este ano houbo presencia laroqueira. Carlos Groba Represa participou no VI Torneo Sub 2200 celebrado na cidade da muralla no mes de xuño. Segundo cóntanos o propio Carlos non foron os millores días da súa vida xadrecista e logrou 1'5 puntos de 5 posibles. Hai días malos tamén no xadrez amigo Carlos, cando as cousas están por non saír non saen por moito que te empeñes.

A Illa de Arousa

1ª feminina
A Illa de Arousa foi outro dos lugares visitados por os nosos xedrecistas. En dous dos torneos organizados por o Club Xadrez Dorna de esta localidade participaron Jorge Carneiro Penedo e Ana Fernández Carneiro, o 15 de xullo no Circutito Xadréz na Rúa e o 5 de agosto no Aberto Festa do Mexillón 2018.

Na primeira ocasión Ana estivo a punto de conseguir o premio a primeira feminina, algo que conseguiu na segunda sumando un novo trofeo a súa vitrina.

Algo ten a Illa de Arousa para que ano tras ano repitamos e non é só o xadrez. A contorna é inmellorable e non digamos o seu arroz con cunchas e o resto de manxares gastronómicos. Tamén queremos destacar o ven que nos tratan os amigos do Club Xadrez Dorna os que dende este blog queremos dar un especial agradecemento por a sua labor en prol da promoción do xadrez e por o cariño que nos mostran sempre a estes dous laroqueiros.

Torneos na rúa no Baixo Miño

Na comarca estanse a organizar varios torneos na rúa. Neste empeño están principalmente os compañeiros do Xadrez Albatros, que este ano, ademáis do habitual Festa do Monte na Guarda, organizaron dous mais, o I Concello do Rosal (no que non participamos ninguén do Laroca por coincidir con o torneo Val Miñor) e o II Torneo de Goian, no que estivemos participando 7 laroqueiros e laroqueiras (Constantino Gonzalez Levices, Francisco Rego Lorenzo, Jorge Carneiro Penedo, Ana Fernández Carneiro, Laura González Ferreira, Jose Manuel Fernández Rodríguez e Osian Pombo González). Despois de 7 roldas a 15 minutos finish, rematamos con 5 puntos e nos postos 6,7, 8, 9 e 11 respectivamente Fran, Tino, Jorge, Ana e Laura; con 4 puntos e nos postos 20 e 31, Osian e Jose Manuel.


Unha alta participación tivemos tamén no tradicional XVIII Torneo de Xadrez Festa do Monte na Guarda. Este ano tiveron record de participación con 100 xogadores e xogadoras entre os que estábamos os Laroqueiros Sergio López Pérez, Rafaél Simoes González, Jorge Carneiro Penedo, Ricardo Fernández López, Jose Manuel Fernández Rodríguez e Diego Martín Abalde e a Laroqueira Ana Fernández Carneiro. Rematamos Rafael e Jorge con 5 puntos nos postos 15 e 18, Ana e Ricardo con 4'5 puntos nos postos 22 e 26, Sergio con 4 puntos no posto 28, Jose Manuel e Diego con 3 puntos nos postos 55 e 60. 

Poboa do Caramiñal 18 e 19 de agosto

Na Pobra do Caramiñal os días 18 e 19 de agosto, no III Torneo Pizza Movil Concello da Pobra, Ana Fernández Carneiro logrou un novo trofeo para a sua vitrina. Nun total de 5 partidas a un ritmo de xogo de 60+30, con un total de 3 vitorias, rematou no posto 20 da clasificación xeral e como primeira fémina. O principal obxetivo de Ana en este torneo era mellorar o seu ELO, pero a sorte dos emparellamentos fixo que só xogase contra un xogador con ELO o que non conseguiu vencer.


Mondariz do 16 o 23 de agosto

En Mondariz e no V Aberto Internacional de Ajedrez Hotel Cemar, participaron Carlos Groba Presa e Ricardo Fernández López

Entre o 16 e o 23 de agosto tiveron lugar as 9 roldas a un ritmo de xogo de 90+30.

Neste torneo valedoiro para ELO Ricardo conseguiu taboas en cinco partidas, incluida a que o enfrentou a Carlos, contra rivais a priori moi superiores a él que lle permiten mellorar de unha forma importante o seu nivel de ELO. A máis de estas táboas conseguiu duas vitorias máis que o situaron no posto 45 da clasificación xeral con 4'5 puntos.

Por a sua parte Carlos, que comezou perdendo contra o Mestre Internacional Arian González tivo unha pequena merma a pesar dos 3'5 puntos conseguidos en oito partidas por non poder xogar a última por problemas de axenda.

Aqui temos a dous xadrecistas novos laroqueiros que están destinados a dar grandes alegrías a este club. Carlos, que despois de un parón de xogo a nivel profesional, volve a engancharse con forza e Ricardo, que se enganchou a esto do xadrez fai un par de aniños e ós seus catorce anos está tendo unha progresión incrible.

Circuito de Promoción

Dentro dos torneos de promoción o Laroqueiro que participou en máis foi Ricardo Fernández López na categoría sub-14.

Conseguiu puntuar para a clasificación xeral en todos menos un, sendo nestes momentos 3º nesta clasificación con 42 puntos a falta de sete torneos por celebrar. Ricardo ten un record , é o que mais veces quedou 6º nestes torneos, con un total de 5.

Despois do Dani da Rocha os seguintes torneo de este circuito foron os de Vilagarcía XII Open McDonalds, Cambados o XXXII Torneo Infantil del Albariño, Rianxo X Torneo Concello de Rianxo. Neste último conseguiu superar ese fatídico sexto posto e subir o podium como quinto da clasificación xeral.

O seguinte torneo de este circuito celebrarase o 1 de setembro en Mos. O III Torneo Concello de Mos será unha nova oportunidade que terá Ricardo para seguir progresando.


Rianxo

Ademáis do circuito de promoción no que participou Ricardo, o mesmo día, cinco laroqueiros e unha laroqueira inscribíronse no X Torneo Internacional Concello de Rianxo, un torneo con unha alta participación, a un ritmo de xogo de 15+3 e valedoiro para ELO rápido. Francisco Rego Lorenzo partía no posto 45 do ranking inicial e rematou o torneo no posto 61 con un total de 5 puntos. Jorge Carneiro Penedo dende o posto 100 conseguiu subir o 94 con un total de 4 puntos e mellorar o seu ELO de rápidas en 15. Ana Fernández Carneiro conseguiu 4 vitorias que a auparon o posto 96 partindo dende o 110. Mauro Sanroman Costas tamén coseguíu melloras a súa posición inicial dende o posto 114 ó 105 con un total de 3'5 puntos e mellorando o seu ELO de rápidas en máis de 50 puntos. Jose Manuel Fernández Rodríguez comezou no posto 134 e rematou no 123 con 3 puntos. Osian Pombo González posto inicial 141 e final 135 con 2 puntos.



Comida do Club



E o día 1 de xullo, como cada ano, celebramos a comida do club, donde gozamos de unha xornada con un bo churrasco recién feitiño, moita empanada, viño da casa e refrescos, chupitos, café de pota e rosquillas Cristaleiro, ademais de xadrez e partidas de cartas.





III Torneo Xadrez Concello de Mos 2018

$
0
0

Comezamos a mes de setembro con o que xa é o 3º Torneo de Xadrez Concello de Mos, incluido no Circuito Galego de Promoción celebrouse nos locais do Centro Dotacional de Torroso. (Enlace o Facebook do club xadrez Mos).

Nesta ocasión do club Xadrez Laroca nos desplazamos a Mos 10 persoas que participamos nas categorías sub-12 (Diego Martín Abalde e Marcos Rego Calvo), sub-14 (Ricardo Fernández López) e Absoluta (Artai Bringas Gómez, Francisco Rego Lorenzo, Jose Manuel Bens Alvarez, Avelino Iglesias Fernández, Jorge Carneiro Penedo, Ana Fernández Carneiro e Jose Manuel Fernández Rodríguez).


En sub-12 

Diego Martín Abalde terminou no posto 10 con un total de 4 vitorias de 7 partidas, logrando o seu primeiro punto para a clasificación do Circuito.

Pola súa parte Marcos Rego Calvo despois dunha mañá na que só logrou 1 punto conseguiu remontar con 3 vitorias consecutivas na xornada da tarde, rematando no posto 14 con un total de 4 puntos.

En sub-14 

Ricardo Fernández López voltou superar o numero da besta e cunha soa derrota, tres táboas e tres vitorias rematou no quinto posto que o situou unha vez mais no podio.

Especialmente importante foi a última partida contra Gonzalo Bastos na que os dous se xogaban o terceiro posto e que gañou Gonzalo.

Este quinto posto dalle a Ricardo 6 puntos máis na clasificación xeral do Circuito, na que segue a manter posibilidades de rematar entre os tres primeiros.


Na categoría de Absoluta foi na que houbo máis participación do noso club, con 6 laroqueiros e 1 laroqueira.

Artai Bringas Gómez cunha soa partida perdida contra Antonio Alvarez, repetíu a clasificación do ano pasado e situóuse como subcampeón detras de Ruben Fernández que conseguiu un pleno de vitorias.

Francisco Rego Lorenzo rematou no posto 18 da clasificación xeral tras conseguir vencen en catro partidas e mantendose en todo momento nas primeiras mesas.


Jose Manuel Ben Alvarez, 21 na xeral con 4 puntos. Enfrentouse a Ana e a Jorge nas duas primeiras partidas conseguindo gañar nas duas ocasións. Esta é a segunda vez que participa neste torneo e cos mesmos puntos que o ano anterior logrou mellorar a sua posición final.

Jorge Carneirio Penedo, conseguiu a metade dos puntos posibles e con 3'5 rematou no posto 35 na clasificación final, mellorando os resultados do ano anterior pero con o mesmo problema coas partidas da tarde, donde so conseguiu 1'5 puntos de 4 posibles.

Avelino Iglesias Fernández, era a sua primeira participación neste torneo e tampouco suele xogar demasiado este tipo de partidas, a pesar do cal terminou no posto 39 con 3 puntos.

Ana Fernández Carneiro tampouco tivo o seu mellor día inda que temos que ter en conta que os emparellamentos non lle deron ningún rival facil. Logrou 3 puntos e rematou no posto 41.

Jose Manuel Fernández Rodríguez conseguiu mellorar o seu resultado do ano pasado neste mesmo torneo. Rematou con 2 puntos no posto 62. 



E aquí estamos todos e todas, deportistas e sufridos acompañantes disfrutando de unha merecida comida no restaurante El Bosque.
















Unha vez mais agradecemos aos compañeiros do Club Xadrez Mos por organizar este extraordinario torneo e felicitámolos por a impecable organización.


Mireya no Campeonato Mundial

$
0
0

Hoxe, 20 de outubro de 2018, comeza en Halkidiki, Grecia, na costa norte do mar Egeo o World Youth Chess Championships 2018 ou o que é o mesmo "Campionato mundial xuvenil de xadrez". 

Entre os 27 mozos e mozas da delegación española atopase unha rapaza a que seguramente coñeceredes. Referimonos a unha Baionesa que forma parte da familia do Club Xadrez Laroca e que atende o nome de MIREYA REPRESA PEREZ.


Mireya participa na categoría "Girls 18" ocupando o posto 19 de 83 no ranking inicial ( Enlace a páxina de resultados ). Esta Campiona Galega Feminina 2018, Campeona de España Femenina sub-18, 9ª no Campionato Europeo sub-18; enfrontase a este novo reto no que seguro utilizará toda a sua sabiduría para alcanzar as mais altas cotas.

Todos e todas as que formamos parte do seu club desexámoslle moita forza, moita concentración e moita sorte (que esta tamén é importante no xadrez), e que o día 30 de outubro, cando remate a competición, saia satisfeita co seu xogo sexa cal sexa o resultado final.


ESTAMOS CONTIGO CAMPIONA

Liga Galega 2019 - 1ª xornada

$
0
0

Sábado 26 de xaneiro de 2019 as cinco da tarde da comezo a Liga Galega por Equipos 2019.

Un ano máis o Club Xadrez Laroca participamos en primeira, segunda e terceira división, nesta ocasión, con un total de catro equipos e como sempre aspirando a conseguir ós mellores resultados sin descartar ningunha posibilidade. Imos a por todas.

RESULTADO DOS NOSOS  EQUIPOS NA PRIMEIRA XORNADA
ROLDA-1        26-01-2019
1ª CLAROCA-NIGRAN A3 - 1UNIVERSITARIO DE OURENSE A
2ª ELAROCA-NIGRAN B1'5 - 2'5LAROCA-NIGRAN C
2ª EMALLON-IES AUGA DA LAXE2 - 2ONCE







En primeira división no grupo C este primer encontro ten lugar nos locais de Nigran contra o Universitario de Ourense A, equipo que o ano pasado xa militara nesta mesma división e que rematou no posto 5 da clasificación xeral con medio punto menos que o noso Laroca A. Nesa ocasión o resultado de este enfrentamento foi de 1'5 - 2'5 a favor do equipo ourensá.
As cousas mudaron este ano e cún equipo formado por Mireya Represa Pérez, Artai Bringas Gómez, Constantino González Levices e Sergio López Pérez o resultado final foi de vitoria con tres puntos logrados por as vitorias de Artai e Tino nos taboleiros segundo e terceiro e as táboas de Mireya e Sergio nos tabolerios primeiro e cuarto.

LAROCA-NIGRAN A    3  -  1  UNIVERSITARIO DE OURENSE A


----------ooooo000ooooo----------



En Segunda división no grupo E o primeiro enfrentamente, tal e como marcan as normas, prodúcese entre os dous equipos Laroca que están nesta división. Difícil repetir o resultado do ano pasado no que o Laroca C foi quen de vencer por 3'5 a 0'5.

Nesta ocasión o resultado non se repetíu pero si volveu a caer a vitoria do lado do Laroca C.

O punto e medio obtido por o Loroca B foi alcanzado  por as táboas de Daniel Vaz Varela, Rafael Simoes González e Jose Manuel Araujo Valverde no seu enfrontamente con Jose Manuel Ben Alvarez, Avelino Iglesias Fernández e Carlos Groba Presa nos taboleiros segundo, terceiro e cuarto.

O punto que lle deu a vitoria o Laroca C foi optido no primeiro taboleiro por Tomás Bernardez Duran en dura disputa con Patricio Salgado Alonso.

LAROCA-NIGRAN B     1'5 - 2'5      LAROCA-NIGRAN C


----------ooooo000ooooo----------


En terceira división no grupo K, este ano inscribimos nesta categoría un só equipo formado por os xogadores que no ano pasado formaban os equipos Mallon e Auga Da Laxe e con algunha nova incorporación.


Neste primeiro encontro enfrontáronse a un dos equipos fortes de este grupo, descendido o ano pasado da segunda división.


A Vigo e os locais da ONCE trasladáronse Ricardo Fernández López, Guillermo cousido Martínez, Juan Manuel Represa Garazo e Jose Manuel Fernández Rodríguez.
Ricardo e Guillermo nos taboleiros primeiro e segundo con sendas vitorias permitiron o empate final e o que podemos considerar un bo comezo.

LAROCA MALLON - AUGA DA LAXE     2  -  2     ONCE DE VIGO


Provinciais Pontevedra 2019

$
0
0


O ano 2019, e previo ó comezo da liga, comezou con os campionatos  provinciais, que no caso da provincia de Pontevedra tiveron lugar os días 19 e 20 de xaneiro en Vilagarcía, organizados por o Club Xadrez Fontecarmoa.

Nesta ocasión o Club Xadrez Laroca participamos en tres das sete categoría con 16 xogadores:

En Sub-12 "Alevins" (2) os irmán David e Marcos González Iglesias.

En Sub- 14 "Infantis" (4) Diego Martín Abalde, Marcos Rego Calvo, Sara González Ferreira e Brais Fernández Rouco.

En Sub-16 "Cadetes" (6) Artai Bringas Gómez, Ricardo Fernández López, Mauro Sanroman Costas, Ana Fernández Carneiro, Laura González Ferreira e Osian Pombo González.

En Absoluto (4) Constantino González Levices, Mireya Represa Pérez, Francisco Rego Lorenzo e Jorge Carneiro Penedo.


Tras dous interesantes días de xadrez, os 12 laroqueiros e 4 laroqueiras voltamos a Nigran satisfeitos e con algún que outro merecido premio.

Na categoría Alevin David rematóu no posto 36 con 3'5 puntos e Marcos no posto 50 con 2 puntos. (Clasificación final Sub12)

En Infantis os mellor clasificados do noso club foron Diego e Marcos, os dous con tres puntos e nos postos 20 e 21 respectivamente, unha moi meritoria clasificación si temos en conta ademáis que este é o primeiro ano dos dous nesta categoría. Sara e Brais só puderon xogar o primeiro día e remataron nos postos 31 e 34 con 1 e 0 puntos respectivamente. (Clasificación final Sub14)

En Cadetes foi na categoría na que tivemos máis participantes e mellores resultados, logrando Artai o segundo posto na clasificación xeral e Ana o de primera feminina. Tamén Ricardo e Mauro fixeron un gran campeonato conseguindo rematar nos postos 8 e 12 con 4 e 3'5 puntos respectivamente. Laura e Osian remataron con 2'5 puntos nos postos 19 e 24, igualando os dous o seu ranking inicial. (Clasificacion final Sub16)

E finalmente en absoluto tamén tivemos presencia laroqueira no podium con Constantino no terceiro posto con 5'5 puntos e Mireya no posto oitavo con 4'5 e primeira feminina. Tamén con 4'5 puntos rematou Francisco no posto 10 e o outro participante, Jorge no posto 31 con 3 puntos.(Clasificación final Absoluto).

Estes catro trofeos logrados neste campionato é o primeiro paso deste ano 2019, seguiremos nesta gran familia Laroqueira obtendo triunfus e sobretodo disfrutando de este gran deporte que nos encanta. 
Parabéns a Tino, Mireya, Artai, Ana, Fran, Jorge, Ricardo, Mauro, Laura, Osian, Diego, Marcos, Sara, Brais, David e Marcos.


Liga Galega 2019. 2ª Xornada

$
0
0

Despois da fructífera primeira xornada para os equipos Laroca. este sábado día 2 de febreiro afrontamos unha nova xornada de Liga, que ramatou con tres vitorias e un empate que conseguen que poidamos condierar este como un "bo inicio de liga".

RESULTADO DOS NOSOS  EQUIPOS
ROLDA - 2       02-02-2019
1ª CCLUB DEPORT. XADREZ OURENSE C1 - 3LAROCA-NIGRAN A
2ª ELUCENA - XG1'5 - 2'5LAROCA-NIGRAN B
2ª ELAROCA-NIGRAN C2'5 - 1'5 CXF - XONA ABERTA
3ª KLUCENA A2 - 2MALLON - AUGA DA LAXE






Para disputar o encontro de primeira división grupo C, tivemos que facer un cambio de última horas, sustituir a Breixo por enfermidade e trasladar a Ourense a Mireya Represa, Artái Bringas, Sergio López e Jose Francisco Rego. Estes catro foron quén de conquerir un excelente resultado que os situa segundos con seis puntos despois dos 3 puntos logrados na pasada xornada. O dito "bo inicio de liga"

En segunda división no grupo E os nosos equipos lograron idénticos resultados. O Laroca B trasladou a Vigo a Patricio Salgado, Daniel Vaz, Rafael Simoes  e Jose Manuel Araujo e os seus puntos foron conseguidos por Daniel e Rafael con sendas vitorias e as táboas de Patricio. "bo inicio de liga"

O Laroca C xogou na casa e esta vez houbo cambios con respecto a xornada anterior e xogaron Tomás Bernardez, Carlos Groba, Jorge Carneiro e Antonio Díaz. As duas vitorias foron conseguidas por Tomás no taboleiro 1, Jorge no taboleiro 3 ,e as táboas de Antonio no cuarto taboleiro. "bo inicio de liga"

En terceira división grupo K trasladamos a Vigo os nosos pipiolos Ana Fernández, Mauro Sanroman, Osián Pombo e Laura González. Un novo empate con as vitorias de Ana e Mauro situa ó noso equipo no quinto posto da clasificación xeral con catro puntos. "bo inicio de liga"


Liga Galega 2019. 3ª xornada

$
0
0
LIGA GALEGA 2019 (TERCEIRA XORNADA)

Avanza a Liga Galega de xadrez 2019 e xa chegamos a terceira xornada que se celebrou o 9 de febreiro. Nesta ocasión tres dos equipos do Club Xadrez Laroca xogamos na casa e un desplazouse  ao pé do Monte Santa Tecla, encargado de  vixiar a unión do Miño co océano Atlántico.

Nesta ocasión os Laroqueiros e Laroqueiras tivemos unha vez mais unha xornada con luces e sombras, logrando duas vitorias olgadas e duas derrotas. 

RESULTADO DOS NOSOS  EQUIPOS
ROLDA - 3       09-02-2019
1ª CLAROCA-NIGRAN A1'5 - 2'5XADREZ BUEU A
2ª ELAROCA-NIGRAN B3 - 1MOSEFESA & THE WAILERS
2ª EALBATROS A3'5 - 0'5 LAROCA-NIGRAN C
3ª KMALLON - AUGA DA LAXE3'5 - 0'5VILLA DE BOUZAS B



En primeira división o Laroca A enfrontase o reto de intentar repetir o resultado conseguido o ano pasada contra este equipo (tres puntos logrados con as vitorias de Sergio e Fran e as táboas de Mireya e Artai). Este ano Mireya Represa (vitoria), Artai Bringas (táboas), Constantino Gonzalez (perdida) e Sergio López (perdida) foron os que se enfrontaron ao desafío e, a pesar de non conseguir igualar o resultado do ano pasado, si foron quen de conseguir ese punto e medio que os mantén en posición cómoda na clasificación xeral. 

En segunda división dous difíciles encontros tiveron que afrontar os nosos equipos.

Laroca B convocou en Cotros a Patricio Salgado (taboas), Daniel Vaz (taboas), Rafael Simoes (vitoria) e Jose Manuel Arajujo (Vitoria) para enfrontarse a un complicado Mosefesa ante o que conseguiu unha importante vitoria que os sitúa con sete puntos na clasificación xeral.

O outro equípo de esta categoría, Laroca C, tiña o reto importante de intentar vencer a un dos equipos fortes da categoría co que o ano pasado solo foron quen de logran medio punto grazas a unas táboas de Avelino. Esta vez os encangados de intentalo foron Tomás Bernardez (perdida), Jose Manuel Ben (taboas), Jorge Carneiro (perdida) e Antonio Díaz (perdida). Un ano máis repetiron o mesmo resultado que os deixa con cinco puntos e medio para afrontar o tamén complicado encontro da semana  próxima contra o equipo a priori máis forte da categoría, o Mos A.

En terceira divisiónMallon - Auga da Laxe lograron a primeira vitoria da temporada tras os dous empates das xornadas anteriores. Esta vez os encargados de conseguir esta vitoria foron Ricardo Fernández (Vitoria), Agustín Alvarez (Vitoria), Guillermo Cousido (Vitoria) e Juan Manuel Represa (taboas). Con sete puntos e medio sitúanse nunha posición interesante na clasificación xeral.



Na próxima xornada, o sábado 16 de febreiro voltaremos a intentar conseguir o mellor resultado posible. Estos son os enfrontamentos de esta xornada:

1ª CCLUB DEPORTIVO XADREZ OURENSE B - LAROCA-NIGRAN A
2ª EXADREZ ALTAMIRALAROCA-NIGRAN B
2ª ELAROCA-NIGRAN C -  CLUB XADREZ MOS A
3ª KLUCENA B - MALLON - AUGA DA LAXE



Viewing all 155 articles
Browse latest View live