Este sábado 18 de febreiro o Club Xadrez Laroca afrontamos a cuarta xornada da liga Galega de Xadrez e nesta xornada seguimos mantendo as espadas no alto. Nesta ocasión conseguimos 4 vitoria e 1 derrotas, o que fixo desta unha xornada excepcional.
Primeira división grupo C:
Segunda división grupo E:
O LAROCA-B, nos nosos locais de Nigrán, enfrontouse ao CXF - MESON DERBY e a pesar de enfrontarse a un rival a priori máis potente logrou 1 punto e continúa fóra dos postos de descenso.
O LAROCA-C, desprazouse a Tui para enfrontarse a un rival directo, o CHIRINGO CONTOS TUI , onde Artai, Chema, Guillermo e Jorge lograron unha excelente vitoria con 3 puntos que os sitúan no posto 5-6 empatado co CSF - PUB MUSARAÑA cun total de 8,5 puntos.
Terceira división grupo I:
IES AUGA DÁ LAXE-LAROCA, volveu a Mos para enfrontarse nesta ocasión ao CLUB XADREZ MOS E, co obxectivo de seguir mantendo a 1ª posición que ocupaba na terceira xornada. Conseguido o obxectivo e cunha vitoria por 4-0, os nosos campións manteñen esa 1ª posición. Nesta ocasión tocoulles defender os taboleiros do equipo a Pablo, Ana, Hugo e Osián e fixérono de 10.
MALLON-LAROCA, desde a 4ª posición na clasificación na terceira xornada, recibiu nos locais de Nigrán ao EXP - CSCR BEADE. Un resultado final de 4-0 sitúa ao noso equipo no terceiro posto a 1,5 do segundo e cada vez máis preto do ascenso a segunda división.
Esta foi a mellor xornada ata o momento para os Laroqueiros. O xadrez do Val Miñor continuou proporcionándonos alegrías conseguindo uns resultados fabulosos.
A próxima semana descansamos pola celebración dos Campionatos Galegos Entroido 2017 (Enlace) nos que tamén estaremos presentes coa participación de Artai Bringas, Ana Fernández Carneiro e Hugo Rego na categoría de Sub-14, Mireya Represa en Sub-16 e David Represa en Sub-10. Desexamos desde estas páxinas a estes Laroqueiros que teñas a forza e sorte necesarias para conseguir grandes resultados e sobretodo que sexan capaces de gozar con este gran deporte.