Desde o Club de Xadrez Laroca volvemos a invitar a tódalas rapazas e rapaces (este ano menores de 20 anos) a participar no II Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol. De novo queremos facer presente a memoria do noso amigo Dani, e ao mesmo tempo ofrecerlle unha xornada de xadrez de competición o máis agradable posible a tódol@s que queirades participar.
O torneo vaise celebrar o sábado 15 de xuño no pavillón de deportes de Panxón e agardamos a participación de xadrecistas de toda Galicia e Portugal.Accede ao Formulario de Inscripción
Consulta as BASES